O mes de febreiro chega cargado de celebracións á biblioteca.
Temos tres datas relevantes:
- É o mes do carnaval e imos realizar un taller de disfraces para nenos o mércores día 11.
- Para celebrar que tamén é o mes do amor propoñémosvos unha cita ás cegas cun libro entre os días 9 e 14.
-Finalmente, o día 24 é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Realizaremos unha mostra bibliográfica sobre esta autora dende o día 16 ao día 30 e difundiremos os seus poemas nas instalacións da biblioteca o día 24.
Comentarios