A bora, o vento que azouta Trieste en certas épocas do ano, é un aire apaixonado que dura pouco pero dobra o corpo e muda o ánimo. Salvador e Edita coñecéronse nesta cidade un día de primavera de 1920. Sopraba o vento, e todo cambiou. Ela nacera en Liubliana e el en Barcelona, e os dous roldaban os vinte anos, unha idade espléndida para permitirse calquera loucura, pero Edita,
fermosa e discreta, estaba casada e tiña unha filla. Salvador só tiña o
seu traballo no taller dun grande escultor e ganas de ser por fin un
home e pisar firme na vida.
Logo, en Barcelona, case a finais dos anos setenta... Un home xa maior e viúvo que busca axuda para volver a Trieste e a todos os lugares onde un día creu ser feliz, e unha rapaza, Mariña, que vai ir con el para buscar un futuro. E entre Salvador e Mariña, de súpeto, case sen avisar, os recordos: un parque a beiras do mar, as sabas revoltas dun amor a media tarde, unha plataforma, unha nena que se afasta, e unha espléndida táboa renacentista cunha Virxe que mira e dubida.
Con esas voces que se cruzan no tempo e no espazo, Marian Izaguirre escribiu unha novela onde a culpa e o perdón xogan o mellor dos partidos e cada paso importa.
Comentarios