No máis profundo do bosque ou á volta da esquina, abandonados ás mentiras do lobo disfrazado de avoíña ou do internauta anónimo, fascinados polo sorriso sedutor do vampiro ou do veciño luxurioso... a maldade axéxanos. Porque, como sostén Espido Freire,
os monstros existen. Habitan entre nós, queirámolo ou non; forman parte
da nosa vida cotiá, dende tempos inmemoriais: sutís ou sanguentos,
sibilinos ou brutais, familiares ou descoñecidos. Son os malos do conto.
Durante séculos, os mitos, as lendas e os contos de fadas deron
cumprida noticia -e aviso- da súa presenza, á par que serviron de guía
para enfrontarse a eles.
E iso xustamente é o que se propón esta «guía»: servir de axuda para detectar, identificar e eludir as persoas e as situacións daniñas. Nun percorrido tan persoal como lúcido, Espido Freire relaciona os arquetipos máis recorrentes do malvado coas obras literarias de toda índole que nos adoutrinaron sobre os seus perigos, sen obviar as referencias a tristes sucesos de actualidade. Ameno e arrepiante a partes iguais, o texto recórdanos algo que sabemos pero que a miúdo nos empeñamos en silenciar: o mal existe e debemos estar alerta. Polo noso propio ben.

Comentarios