Saltar ao contido principal

Publicacións

A banda de Cornelia na biblioteca

Onte celebramos o Día da Biblioteca cos máis pequenos. Os nenos e nenas pasárono xenial escoitando as historias de A Banda de Cornelia, cantando e bailando. Estamos encantadas de que as familias se animen a participar neste tipo de actividades porque os máis peques tamén necesitan que lles contemos contos: https://www.guiainfantil.com/…/la-importancia-de-leer-cuen…/

Aviso!!!

O vindeiro venres 26 de outubro a biblioteca permanecerá pechada por formación do persoal que asistirá á I Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia.

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa visitan a biblioteca

O pasado mércores comezamos as celebracións do Día da Biblioteca coa visita do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa que nos contaron a súa historia e ensináronnos a decorar unhas madalenas con pasta fondant. Pasamos unha tarde moi divertida!!!   Esta actividade está incluída no programa "Ler conta moito" da Xunta de Galicia.

Horario de verán

Actividades Día do Libro 2018

A semana que vén teremos unha morea de actividades para celebrar o Día do Libro. Comezamos o luns 23 pola mañá coa IV edición do programa "Séntate a ler". O persoal da biblioteca iremos deixando libros sorpresa de agasallo en diferentes sitios públicos das parroquias que conforman o municipio (excepto en Santa Marta, que como veremos máis adiante ten outra data para iso).  Con motivo desta actividade ese día a biblioteca abrirá ás 12:00 h. O mesmo luns, ao longo de toda a tarde, nas instalacións da biblioteca teremos a disposición de todos aqueles que vos animedes sesións de Photocall e BookFace. A seguinte cita será o xoves 26 ás 11:30 h. no Antigo Mercado (fronte á Casa Consistorial) onde a través da campaña "Libros para sermos libres" da Deputación da Coruña, poremos á vosa disposición 200 libros de agasallo. (A biblioteca estará pechada en horario de mañá). Para finalizar esta semana de celebracións, o venres 27 ás 20:00 h, na biblioteca ...

Amor y otras miseras, de Rosa Sallent Aguilera

De novo, por cortesía de Luly, presentámosvos a recensión dun dos libros que tedes á vosa disposición na sección local da biblioteca. AMOR Y OTRAS MISERIAS De Rosa Sallent Aguilera “Escribir para uno mismo, sería como hacer la maleta y no marcharse” Acabo de leer esta frase en un estupendo libro de David Foenkinos, (cada vez me gustan más los escritores franceses) y como acababa de leer también « Amor y otras miserias», se me ocurrió que venía como anillo al dedo para glosar los relatos de Rosa Sallent, una mujer que, como reza en la contraportada de la novela, es Diplomada en trabajo social y se aficionó a escribir en los talleres creativos que frecuentó durante su juventud. Cuando le preguntaron por qué escribía, contestó «es una condena», respuesta que debería explicarnos detalladamente (o ampliar que es una condena maravillosa), ya que escribir suele ser una catarsis que hace nos vaciemos de nosotros mismos para darnos a los demás, a veces vestidos, a veces de...

Celebración Día da Ilustración

Onte celebramos o Día da Ilustración cun obradoiro de ilustración de contos impartido por Esteban Acuña de Tarabelos: títeres e contacontos. Esteban narrou e debuxou nun enorme panel a historia "A viaxe de Nela". A continuación entregoulles a cada neno o seu libriño para que ilustrasen a mesma historia. Nas fotos podedes ver o creativa e divertida que resultou a actividade.