Saltar ao contido principal

Publicacións

San Valentín

O vindeiro domingo é San Valentín e dende a biblioteca queremos ofrecerche unha morea de libros e películas que che namorarán.

Centenario Roald Dahl

En 2016 conmemórase o centenario do nacemento de Roald Dahl, o escritor de Charlie e a fábrica de chocolate e moitos outros libros. Se vos apetece ler ou reler as súas mellores historias lembrade que as tedes á vosa disposición na biblioteca. Podedes ver algunhas recomendacións no seguinte enlace http://www.garuyo.com/arte-y-cultura/roald-dahl-libros-famosos-hechos-pelicula

Cifras 2015

Finalizado o 2015 resumimos o ano da biblioteca en cifras e queremos darvos as grazas a todos os usuarios e usuarias porque detrás de cada unha delas estades vós, os que facedes uso dos diferentes servizos que están á vosa disposición. Tamén convidarvos a todos os que aínda non a usades a que descubrades todo o que vos pode achegar a biblioteca.

Este mes...

Nestes días de frío e choiva propoñémosvos gozar da calor do fogar facendo punto, enfornando deliciosos biscoitos ou un estupendo pan caseiro...

Horario de Nadal

Este Nadal a biblioteca abrirá no seu horario habitual excepto o 24, 25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro, días en que permanecerá pechada. A tarde do 5 de xaneiro tamén estará pechada.

3º taller de Biblionadal

No último taller os maiores fixeron uns portacandeas.

2º taller de Biblionadal

Estas son as obras de arte dos nenos de 6 e 7 anos.