Saltar ao contido principal

Publicacións

Andel de novidades

El amante japonés, de Isabel Allende

A historia de amor entre a nova Alma Velasco e o xardineiro xaponés Ichimei conduce o lector por un percorrido a través de diversos escenarios que van dende a Polonia da Segunda Guerra Mundial ata o San Francisco dos nosos días.   «A los veintidós años, sospechando que tenían el tiempo contado, Ichimei y Alma se atragantaron de amor para consumirlo entero, pero mientras más intentaban agotarlo, más imprudente era el deseo, y quien diga que todo fuego se apaga solo tarde o temprano, se equivoca: hay pasiones que son incendios hasta que las ahoga el destino de un zarpazo y aun así quedan brasas calientes listas para arder apenas se les da oxígeno.» Comeza a ler .

El club de los viernes, de Kate Jacobs

Recibimos o terceiro libro de "El club de los viernes". Lestes algún deles?

El domador de leones, de Camilla Läckberg

Xa está na biblioteca o novo libro de Camilla Läckberg.  Sinopse: Estamos en pleno mes de xaneiro e en Fjällbacka fai un frío polar. Unha moza medio nua deambula polo bosque nevado e chega á estrada. Un coche aparece da nada e non ten tempo de esquivala. Cando o comisario Patrik Hedström e o seu equipo reciben a alarma sobre o accidente, a rapaza xa foi identifi cada. Desapareceu catro meses atrás e dende entón non soubo nada dela. O seu corpo ten marcas de atrocidades inimaxinables, e é posible que non sexa a única, nin a última vítima do seu agresor. Ao mesmo tempo, Erica Falck investiga unha vella traxedia familiar que acabou coa morte dun home. Erica sospeita que a súa esposa oculta algo terrible e teme que o pasado proxecte a súa alongada sombra sobre o presente. Le o primeiro capítulo .

Acceso á Biblioteca Dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia

Co teu carné da biblioteca municipal podes acceder á Biblioteca Dixital da Rede de Bibliotecas de Galicia, tendo acceso aos seguintes recursos electrónicos: - Banco de Contidos de Planeta: este recurso é o maior banco de contidos dixitais en lingua española e diríxese tanto ao público adulto como ao infantil e xuvenil. Conta con innumerables materiais de consulta de todas as áreas do coñecemento e cunha ampla oferta audiovisual (galería multimedia con fotos, vídeos, interacti vos, audios…) que fai del un contorno educativo adaptado ás necesidades actuais do alumnado. A toda esta información engádese un dicionario multilíngüe, estatísticas, temas de actualidade etc.  - E-Junior.net: enciclopedia electrónica dirixida aos rapaces de primaria e primeiro ciclo de secundaria, adecuada aos contidos curriculares que se desenvolven nestas etapas. - I-Conoce: servizo de novas aparecidas en medios dixitais de todo o mundo: prensa, publicacións especializadas en e...

Contacontos e obradoiro

Onte divertímonos moito coa historia do cocineiro Antón e a pasteleira Tomasa. Rematamos a sesión cun rico obradoiro de decoración de madalenas con pasta de azucre. Grazas a Teatro Calavera por facernos pasar unha tarde estupenda!!!.

Actividade para os máis pequenos

Dentro das actividades das Letras Galegas, o mércores 20 realizaremos un contacontos e un obradoiro de pasta de azucre para nenos que estén cursando educación infantil 4 anos ata 3º de primaria. Impresindible inscripción previa na biblioteca ou no 981 400 101. Nesta actividade colabora a Xunta de Galicia a través do programa "Ler conta moito" .