Intelixencia, desenfado e sensibilidade son os tres piares sobre os que se asenta esta obra, a medio camiño entre a novela e o monólogo, na que a autora comparte co lector, cunha actitude moi pouco politicamente correcta, as súas reflexións, comentarios e reaccións a unha realidade na que, non nos queda outra, temos que resistir como poidamos... Mordaz, irónica, moi aguda e tamén sorprendentemente tenra, Raquel Martos demóstranos como se pode pasar de sufrir a gozar, da resignación á indignación, do odio ao amor e viceversa sen as etapas intermedias.