Saltar ao contido principal

Publicacións

Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini

A decisión dunha humilde familia campesiña de dar unha filla en adopción a un matrimonio adiñeirado é o fundamento sobre o que Khaled Hosseini -autor dos inesquecibles Cometas en el cielo e Mil soles espléndidos- teceu este formidable tapiz no que se entrelazan os destinos de varias xeracións e se exploran as infinitas formas en que o amor, o valor, a traizón e o sacrificio desempeñan un papel determinante nas vidas das persoas. A historia arranca nunha remota e desolada aldea de Afganistán, onde Sabur e a súa segunda muller se enfrontan en condicións precarias á chegada doutro inverno implacable. Abdulá , o fillo maior, de dez anos, coidou da súa irmá Pari dende que era pequena, e agora ambos os dous escoitan cativados a triste historia que lles relata o seu pai antes de deitalos, a véspera de iniciar unha longa viaxe que os conducirá ata Kabul. Alí, nas buliciosas rúas da capital, dará comezo este fascinante itinerario que guiará o lector dende o outono de 1952 ata ...

"Historias da maletra" con Raquel Queizás

O pasado mércores tivemos unha nova sesión de contacontos. Nesta ocasión recibimos a visita de Raquel Queizás coas súas "Historias da maletra". Raquel achegounos diversos contos tradicionais a través de diferentes obxectos que aparecían na súa "maletra". Resultou unha sesión moi participativa e divertida.

Contacontos "O aviador" da compañía Elefante Elegante

O mércores tivemos a sorte de recibir na Biblioteca á compañía Elefante Elegante co espectáculo "O aviador". O protagonista da actividade, un aviador, coñece a un moucho que ten un problema co sol e pretende axudarlle. O actor foise convertendo en diferentes personaxes e enriquecendo a historia con sombras chinesas, música, bengalas.... Foi unha sesión moi divertida.

Atomka, de Franck Thilliez

A poucos días de Nadal, un suceso de grande envergadura irrompe nas vidas de Lucie Hennebelle e Franck Sharko , policías da famosa sección criminal do número 36 do Quai deas Orfèvres . Aparece o cadáver de Christophe Gamblin , xornalista de sucesos, encerrado no conxelador da súa casa e a súa compañeira desaparece mentres levaba a cabo unha serie de entrevistas sobre un caso explosivo do que ninguén coñece os detalles. A única pegada que parece ter deixado é o seu nome esborranchado nun papel que conserva un neno vagabundo e moi enfermo. Ao mesmo tempo, un antigo caso de mulleres secuestradas volve saír á superficie: vítimas botadas vivas pero inconscientes a lagos practicamente conxelados, e rescatadas in extremis grazas a varias chamadas anónimas á policía. Os sinais dun asasino brutal obsesionado coa hipotermia arrastrarán a Lucie e a Sharko cara á zona prohibida dun lugar aterrador e devastado. Mentres a investigación se acelera, Sharko enfróntase a vellos demos que...

Brújulas que buscan sonrisas, de Albert Espinosa

"Xamais nos mentiremos... Escoitame ben, iso implica algo máis que ser sincero... Neste mundo moita xente é falsa... As mentiras rodéante... Saber que existe un arquipélago de persoas que sempre che dirán a verdade vale moito... Quero que formes parte do meu arquipélago de sinceridade...   Saber que podes confiar na outra persoa, que nunca te mentirá, que sempre che dirá a verdade cando llo pidas, non ten prezo... te fai sentir forte, moi poderoso...   Y é que a verdade move mundos... La verdade faiche sentir feliz...La verdade creo que é o único que importa...» O amor verdadeiro, a familia, a vinganza, as segundas oportunidades, a sinceridade... Na súa nova novela, Albert Espinosa somérxenos nunha emocionante historia protagonizada por uns personaxes inesquecibles que nos farán reflexionar e descubrir o que é realmente importante na vida.

Un reino lejano, de Isabel San Sebastián

No maior período de esplendor da Idade Media, mentres xorden os gremios e as cidades modernas e o papel da muller empeza a cobrar relevancia e poder, unha familia desunida polo infortunio loita por deixar atrás a barbarie dunha época escura e plantar as sementes dun futuro civilizado. No período de maior esplendor da Idade Media, unha familia desunida polo infortunio loita por deixar atrás a barbarie á que se enfronta para plantar as sementes dun futuro civilizado. Un reino afastado é unha novela épica e ambiciosa en torno a uns escenarios medievais pouco tratados anteriormente: do descoñecido e brutal imperio mongol á trepidante reconquista do Reino de Aragón da man dos almogávares. Do florecemento das cidades, os gremios e unha nova clase social, a burguesía, ao novo papel da muller, que empeza a cobrar relevancia e poder. E é ademais o conmovedor relato da loita enconada entre un pai e un fillo por superar as súas diferenzas, dun amor cheo de sacrificios que vai m...

El crimen del lago, de Xiaolong Qiu

Por unha vez, a chamada dun alto cargo que recibe o inspector xefe Chen Cao , do Departamento de Policía de Shangai, é para darlle unha boa noticia: ofrécenlle unhas vacacións no complexo privado que o partido ten en Wuxi , a beiras do lago Tai . Pero á súa chegada descobre que o lago, célebre polas súas augas cristalinas, está contaminado por residuos tóxicos procedentes das fábricas da zona. O director dunha desas fábricas, un empresario do que Beijing esperaba «grandes cousas», aparece asasinado, e ao pouco deteñen a un activista ambiental ao que acusan do crime. Chen coñece pouco despois a Shanshan , unha bela moza, ansiosa por demostrar a inocencia do sospeitoso. E vese obrigado a actuar con cautela. Rodeado de corrupción, presións políticas e rancores longo tempo ocultos, Chen quererá desentrañar os motivos que se esconden tras o asasinato. Lectura breve .