Saltar ao contido principal

Publicacións

Instantáneas de plastilina

Onte acollimos na Biblioteca o obradoiro "Instantáneas de plastilina" de María Noel Toledo. Esta actividade estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa Ler conta moito. A artista plástica comezou a actividade cunha explicación sobre a técnica para traballar a plastilina: o volume, a busca de novas cores, a xuntanza das pezas... para logo realizar as figuras. Por grupos os asistentes escolleron a temática a traballar e organizáronse para facer o decorado e os personaxes. Nas fotos podedes ver as diferentes escenas plasmadas por cada grupo de pequenos artistas.

Actividades alumnado de 3º ciclo do CEIP "José María Lage"

Co alumnado de 3º ciclo traballamos con "El cantar de Mío Cid" incluido en "El gran libro de leyendas medievales". Como actividade complemetaria decoraron unhas alfombriñas de ratón con escudos, cabalos, armaduras...

Actividades alumnado de 2º ciclo do CEIP "José María Lage"

Os alumnos de 2º ciclo traballaron coa historia do Cid a través da versión de Violeta Monreal "Las espadas del Cid". Para finalizar confeccionaron unha estupenda armadura.

Andel de novidades

Andel de novidades

La isla de las mil fuentes, de Sara Lark

"La isla de las mil fuentes", de Sarah Lark , autora doutros libros de éxito como a Triloxía da "Nube Blanca" ("En el país de la nube blanca", " La canción de los maories" e " El grito  de la terra"), é unha novela de narrativa estranxeira na que a autora nos transporta agora cara ao Caribe e a beleza das súas illas: un novo territorio exótico recreado maxistralmente a través dunha historia familiar fascinante, inesquecible e única. Sarah Lark , best seller mundial grazas á Triloxía da Nube Branca ambientada en Nova Zelandia, inicia a súa nova saga familiar nun inédito e exótico setting : a illa caribeña de Xamaica e as súas plantacións de azucre. Sarah Lark é a cabeza de cartel dun xénero que fascinou a millóns de lectores en todo o mundo: o das Landscape novels : paixón, romance, viaxe e aventuras, choque de culturas, descubrimento dunha paisaxe exótica e afastada..., todo iso cunha ambientación minuciosa e uns personax...