HORARIO MES DE XULLO Como todos os anos o horario do mes de xullo será de luns a venres de 9:00 a 14:00. Lembrade que o luns 1 de agosto voltamos de novo ao horario habitual.
Hoxe foron os alumnos e alumnas de 6º curso os que acudiron á súa actividade das Mil e Unha Noites. Igual que os de 5º escoitaron a historia de Alí Babá e confeccionaron as figuras tridimensionais.
Onte o alumnado de 5º curso asistiu á súa actividade sobre as Mil e Unha Noites. Despois de escoitar unha versión da historia de Alí Babá e os 40 ladróns confeccionaron unha figura tridimensional dun personaxe da historia. Podían elexir entre un ladrón e a princesa. Entregámoslles unhas plantillas que primeiro tiñan que colorear, logo recortar e finalmente encaixar con moito tino as diferentes pezas.
Onte recibimos a Visita de Carmen Domech de Títeres Cachirulo que nos trouxo á biblioteca un montón de divertidos contos de ratos. Contounos as historias de "Frederick", "Sopa de ratos", "Sete ratos cegos"...
Hoxe recibimos a visita do ilustrador GoChi de "Cerditos de Guinea Cómics" que nos trouxo o seu "Obradoiro expreso de manga". Os rapaces e rapazas que asistiron á actividade foron os membros do clube de lectura de cómic do IES de Ortigueira. Aprendimos un montón de cousas sobre a banda deseñada xaponesa.
Onte e hoxe realizamos as sesións destinadas ao alumnado de 3º curso. Despois de ler unha versión diferente de "Alí Babá e os 40 ladróns" convertímonos en ladróns escondéndonos nunhas ánforas que elaboramos con cartolina personalizando a súa decoración.
Para celebrar o Día das Letras Galegas tedes á vosa disposición a "IV mostra do libro galego", que por suposto inclúe as obras de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano.