Saltar ao contido principal

Publicacións

Actividade para os rapaces de 1º curso

Continuamos traballando cos contos das Mil e Unha Noites. Hoxe os alumn@s de 1º curso escoitaron outra versión da historia de Simbad o Mariño e confeccionaron unhas estupendas láminas.

Actividade para os alumn@s de 5 anos

O venres foron os alumn@s de 5 anos os que viñeron escoitar a historia de Simbad e elaborar o seu barco. Falta a foto do grupo A (tivemos un erro con as fotos dese grupo), pero poñerémola proximamente.

Actividade para os nenos de 4 anos

Hoxe foron os nen@s de 4 anos os que disfrutaron da historia de Simbad o mariño e confeccionaron o seu barco.

Actividade para os nen@s de 3 anos

Onte comezamos as actividades programadas en colaboración co CEIP "José María Lage" para este curso. As historias que van guiar estas actividades son os contos das Mil e Unha Noites. A sala infantil converteuse nun mundo máxico inspirado na cultura oriental. Os nen@s de 3 anos foron os primeiros en desfrutar da historia de Simbad o mariño. A través dun enorme mural Mónica foinos contando a historia de Simbad e as súas viaxes. Despois coloreamos con rotuladores un barco e pegamos a Simbad nel. Os rapaces demostraron ser uns estupendos artistas. O xoves os rapaces de 4 anos e o venres os de 5 asistirán a esta mesma actividade.

Premios María Moliner

Un ano máis o proxecto de animación á lectura presentado pola nosa Biblioteca aos Premios María Moliner figura entre os proxectos premiados. Despois de obter o Premio Nacional de Animación á Lectura no ano 2008 e varias mencións especiais en outras convocatorias, no 2010 figuramos entre os 300 proxectos seleccionados en toda España, polo que recibiremos un novo lote de libros que pasará a formar parte dos fondos da Biblioteca. Podedes ver a noticia na Voz de Galicia e no Diario de Ferrol . De novo gracias a tod@s os que participachedes nas actividades pois sin vos estes premios non serían posibles.

Gañadoras sorteo cestas de Nadal

Onte cel ebramos o sorteo das dúas cestas de Nadal entre tod@s os que utilizáchedes o servizo de préstamo ao longo do mes de decembro e as agraciadas foron: Cesta infantil: Julieta Balboa López Cesta de xuvenil/adultos: María Blanco Fafián Noraboa ás dúas. Lembrade que os días de Noiteboa e Nadal a biblioteca estará pechada. Vémonos de novo o luns. Aproveitamos tamén para desexarvos un FELIZ NADAL.

Presentación do libro "O fillo da furia"

Onte presentouse na biblioteca o libro "O fillo da furia". Tivemos a sorte de contar coa presenza dos autores, Manolo López Poy e Miguel Fernández, e do editor, Manel Craneo. Contaronnos un montón de cousas sobre como xurdiu a idea desta obra e como foi a súa elaboración. Finalmente asinaron exemplares aos asistentes que quixeron.