Saltar ao contido principal

Publicacións

Aviso!!!

Durante estas festas a biblioteca permanecerá pechada os seguintes días: - 24 de decembro (Noiteboa) - 25 de decembro (Nadal) - 31 de decembro (Fin de Ano) - 1 de xaneiro (Aninovo) O resto dos días estará aberta no seu horario habitual. Desexámoslles que pasen unhas FELICES FESTAS.

Decembro - Na biblioteca... celebramos o Nadal

Este mes imos elaborar unhas fermosas árbores de Nadal con diversos materiais reciclados. Os obradoiros desenvolveranse os días 3 , 10 e 17 en dúas sesións: ás 16:30 h. para os rapaces de 7 a 12 anos e ás 18:30 h. para os nen@s de 3 a 6 anos. As prazas son limitadas, lembrade que hai que anotarse na Biblioteca para cada sesión. O día 23 haberá unha sesión especial de contacontos con Pavís-Pavós ás 17:30 h. con entrada libre.

Boletíns de novidades

Podedes ver as novidades bibliográficas máis destacadas dos meses de setembro e outubro picando na imaxe.

Novembro - Na biblioteca... cociñamos marmeladas e inos ao cine

Como podedes ver despois da "resaca" polo premio María Moliner houbo un pequeno paréntesis no noso blogue. Agora chegou o momento de poñelo ao día, e aínda que sempre intentamos informar sobre as actividades antes de realizalas, no caso do mes de novembro o facemos unha vez rematadas. Este mes traballamos con dúas temáticas diferentes. Por un lado elaboramos marmeladas de contos en tres obradoiros que se levaron a cabo os días 5 , 12 e 19 . E por outro lado asistimos a unha sesión de cine o día 26. Ambas propostas reflicten as actividades tan diferentes que podemos facer na biblioteca.

¡Gañamos o premio María Moliner de Animación á Lectura 2008!

Ainda que non pareza certo, así é. Unha biblioteca perdida na xeografía galega, situada nun entorno rural e que atende a un núcleo de poboación moi diseminado. Dúas bibliotecarias ao frente da sección infantil, da hemeroteca, da sala multimedia e un longo etc..., e desenvolvendo un programa de animación á lectura que se leva a cabo durante todo o ano. Como ingredientes: xornadas maratonianas, moita imaxinación, reciclaxe de materiais inimaxinables, unha morea de estrés, unha chisca de paciencia, un montón de rapaces... pero ¡por fin! mereceu a pena. O noso traballo foi premiado polo Ministerio de Cultura como "Mejor Proyecto de Animación a la Lectura" na XI edición da Campaña María Moliner. E como consideramos que o ingrediente fundamental son eses rapaces, queremos agradecerlles a súa participación, xa que sin ela o noso esforzo non tería sentido. Queremos agradecer todas as felicitacións recibidas por parte dos nosos usuarios, dos compañeiros e compañeiras das bibliotecas ...

Outubro - Na biblioteca... ilustramos - Outubro 2008

No mes de outubro reanudamos as actividades do programa "Na biblioteca...". Nesta ocasión adicaremos o mes ao mundo da ilustración. As sesións que se van desenvolver son tres obradoiros de ilustración os días 8 , 15 e 22 de outubro nos seguintes horarios: ás 16:30 h. para os nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:30 h. para os de 3 a 6 anos. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse para cada sesión na biblioteca. Como sesión final, o día 29, Marisa Irimia nos traerá o "Xogo do misterio das sete portas" ás 17:30 h. É unha única sesión para todas as idades e a entrada será libre, sen inscrición.

Boletíns de novidades

Podedes ver as novidades dos meses de maio-xuño e xullo-agosto picando nas imaxes.