Saltar ao contido principal

Publicacións

Xuño - Na biblioteca... Expo Zaragoza 2008

A través das actividades do mes de xuño imos "viaxar" a Expo Zaragoza 2008. Calendario: - 4 e 11 de xuño : ás 16:30 h. para nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:00 h. para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas. Inscrición na Biblioteca. - 25 de xuño : ás 17:30 h. sesión especial de contacontos.

Na biblioteca "Un soño de contos" - 28 de maio de 2008

O mércores 28 ás 17:30 h. Fátima Fernández presentará o seu espectáculo "Un soño de contos" na sala infantil da Biblioteca. Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura e Deporte dentro do programa Letras Vivas Animación. Xa están as fotos .

Maio - Na biblioteca somos poetas

No mes de maio continuamos coas actividades do programa "Na biblioteca". Este mes o adicamos ás Letras Galegas e baixo o título "Na biblioteca somos poetas" imos confeccionar uns preciosos libros xigantes baseados en poemas de escritores galegos. Algúns destes poemas serán de Xosé Mª Álvarez Blázquez, autor ao que lle se adica o Día das Letras Galegas este ano. Como sempre haberá dúas sesións, ás 16:30 h. para os nen@s de 7 a 12 anos e ás 18:00 h. para os de 3 a 6 anos. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse o mesmo día na Biblioteca. As datas dos obradoiros son: - 7 de maio. - 14 de maio. - 21 de maio.

Maio, mes das Letras Galegas

Durante o mes de maio celebramos as Letras Galegas, que este ano están adicadas ao escritor Xosé María Álvarez Blázquez. Para achegarvos á literatura galega podedes visitar na planta baixa da Biblioteca a "I Mostra do Libro Galego". É unha mostra de distintas obras de autores galegos, entre eles o homenaxeado o Día das Letras Galegas. Tamén están expostos uns pequenos paneis con información de todos os homenaxeados nesa data, desde Rosalía de Castro no 1963 ata Álvarez Blázquez no 2008. Esperamos que esta iniciativa sexa do voso interese.

Boletín de novidades de abril

Xa está á vosa disposición o boletín de novidades do mes de abril.

Visita de Paula Carballeira á Biblioteca - 30 de maio de 2008

Despois de todo o mes lendo obras da escritora fenesa, Paula Carballeira, e de facer un montón de actividades (confección de murais, concurso marcapáxinas...) en torno ás mesmas, por fin chegou o día en que Paula nos visitou na Biblioteca. Paula contounos dúas divertidas historias que trouxo de moi lonxe e contestou a todas as preguntas que lle realizamos sobre a súa faceta de escritora. Finalmente asinounos un dos seus libros e tamén no Libro da Biblioteca. Pasámolo moi ben e dende aquí queremos darlle as grazas a Paula pola súa visita.