Saltar ao contido principal

Publicacións

Día do Libro 2008 - Entrega de premios do IV Concurso de debuxo en formato marcapáxinas

O día 23 os rapaces gañadores do IV Concurso de debuxo en formato marcapáxinas recibiron os seus premios. O primeiro premio correspondeu a Álvaro Prieto Piñeiro, que recibiu un DVD portátil, un lote de libros e a edición do marcapáxinas co debuxo creado por el. Os catro segundos premios consistentes en lotes de libros foron para: Carla Fernández Riveira (educación infantil), Andrés Muíño Blanco (1º ciclo), Eliana Abella Pajón (2º ciclo) e Aldara Dovale Lorenzo (3º ciclo). Na foto están tod@s menos Carla, que non puido asistir á entrega de premios.

IV concurso de debuxo en formato marcapáxinas

Xa podedes ver na Biblioteca a exposición de todos os debuxos participantes na 4ª edición do concurso de debuxo en formato marcapáxinas, que este ano, como xa sabedes tod@s, estivo adicado á obra da escritora fenesa Paula Carballeira. Participaron 289 alumn@s de infantil e primaria dos distintos centros de Ortigueira: CEIP "José Mª Lage", EE.II. de Espasante, CEIP Abasteira e CEIP Igrexa de Loiba. Os debuxos premiados foron: 1º Premio: ÁLVARO PRIETO PIÑEIRO. CEIP "José Mª Lage". 3º ciclo. 2º premio (categoría infantil): CARLA FERNÁNDEZ RIVEIRA. CEIP "José Mª Lage". 2º premio (categoría 1º ciclo): ANDRÉS MUÍÑO BLANCO. CEIP "José Mª Lage". 2º premio (categoría 2º ciclo): ELIANA ABELLA PAJÓN. CEIP "José Mª Lage". 2º premio (categoría 3º ciclo): ALDARA DOVALE LORENZO. CEIP "José Mª Lage". A entrega de premios relizarase o día 23 -Día Mundial do Libro- ás 17:00 h. na Biblioteca xunto co sorteo de varios lotes de libros.

Obradoiro sobre o relato de Paula Carballeira titulado "A historia de Anuk"

O mércores día 16 levamos a cabo a terceira sesión sobre a obra de Paula Carballeira. Na foto podedes ver os murais que realizamos nas tres sesións e que están colocados na sala infantil da Biblioteca.

Obradoiro sobre a obra "Mateo" de Paula Carballeira

Este é o resultado do segundo obradoiro que realizamos sobre a obra de Paula Carballeira o mércores día 9.

Obradoiro sobre a obra "Paco" de Paula Carballeira

Este é o resultado do obradoiro que realizamos o mércores día 2 sobre a obra "Paco" de Paula Carballeira. Podedes ver o mural na sala infantil da biblioteca.

Boletín de novidades de marzo

Xa está á vosa disposición o boletín de novidades do mes de marzo.

Abril, mes dos libros

O mes de abril é un mes moi especial pois se celebran dúas datas moi importantes relacionadas co libro. - O día 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. - O día 23 de abril é o Día Mundial do Libro. Na biblioteca temos preparadas varias actividades para celebrar estas datas. Imos adicar este mes á obra da escritora fenesa Paula Carballeira. Esta proposta repetirémola en anos sucesivos con outros autores co fin de resaltar a calidade da produción literaria que se fai en Galicia para os máis pequenos e de fomentar a lectura en galego. As actividades propostas son as seguintes: 2, 9 e 16 de abril: obradoiros plásticos baseados en varias obras infantís de Paula Carballeira. Coma sempre, haberá dúas sesións: unha ás 16:30 h. para nen@s de 7 a 12 anos e outra ás 18:30 h. para nen@s de 3 a 6 anos. Prazas limitadas; inscrición na Biblioteca. 23 de abril: entrega de premios do IV Concurso de debuxo en formato marcapáxinas e sorteo de lotes de libros entre aqueles usuari@s q...